xoves, 25 de decembro de 2014

Felicitacións de Nadal

     De cara ao Nadal, cada alumno realizou con todo o seu agarimo e interese a súa postal de Felicitación de Nadal. Cada un elexiu o seu debuxo, letras e a decoración do interior.

     Esperamos que vos guste, a nós moito.







    Por problemas técnicos, non aparecen todas... así que coidadeas ben!

Árbore de Conto de Nadal

       Aproveitando que os personaxes de "Conto de Nadal" aparecían na nosa obra de teatro, quixemos coñecer máis sobre este conto de Charles Dickens e despois de visionar a película, decidimos realizar a nosa árbore dun xeito especial.

     Creamos a "Árbore Conto de Nadal", contando o conto con palabras, menudo mérito e traballo. Noraboa...




A Arte: Somos Xanartistas! (Creando o noso cadro)

     A útima semana antes de Nadal, os nosos xanartistas demostraron todo o aprendido durante o trimestre. Para demostralo, cada clase ou grupo de alumnos creo o seu propio  cadro!.

     OS NOSOS CADROS FORON UNHA MARABILLA:


A India
A tormenta do mar
O mar da tranquilidade

A Arte: Somos Xanartistas! (Aprendendo con LOMARTI)

      O día 10 e 11 deste mes, recibimos a visita de "LOMARTI". Que mellor que o noso amigo para ensinarnos no último paso para converternos nuns auténticos artistas! Agradecer o seu tempo e paciencia para traballar con nós.

     O resultado foi inesperado, orixinal e unhas auténticas obras de arte
Premer na imaxe para ver máis

xoves, 11 de decembro de 2014

A Arte: Somos Xanartistas! (Cores con ritmo)

   O mércores pasado 3 de decembro os nosos aspirantes a xanartistas descubriron que todo o que lles rodea pode ter cor.  Ao longo destes días, aprenderon a descubrir os segredos dos cadros coa súa pel, a ver coa súa mente e hoxe ... aprenderon a transformar os son que chegaban aos seus oídos. 

 


    Escoitaron as diferentes músicas e puxéronlle cor con debuxos.  Unhas verdadeiras obras de arte! Aquí tedes o resultado.  

venres, 5 de decembro de 2014

A Arte: Somos Xanartistas! (Ollando co corazón)

   O pasado 26 de novembro, volvemos ao estudio de Joan Miró para descubrir os segredos das cores dos cadros e investigar se éstas influen nas verbas, emocións e percepcións.

   Nos dous primeiros cadros cada un dos pequenos xanartistas, tiña que observar un cadro de Leandro Lamas e expresar con palabras o que lle viña á súa mente. E o máis importante!, creáronse unhas lentes máxicas para ver coa mente e o corazón.

Premer na imaxe para coñecer máis
    Ao remate, reflexionamos sobre as palabras, as sensacións das cores e como inflúe na realidade das nosas percepcións. Realizamos unha pequena proba cun cadro de LOMARTI, pintando o mesmo cadro con cores "cálidas", cores "frías" e todas as cores. QUEDOU MOI BEN!