xoves, 30 de abril de 2015

Contos da semana

     Esta semana a nosa compañeira Laura presentounos un libro sobre animais.


A Arte: Somos Xanartistas! (Reciclando)

    O 24 de abril baixamos ao noso taller para realizar unha nova escultura, nesta ocasión utilizando material da casa que nos era inservible. Moitas grazas ás familias pola colaboracion!.

     E aquí temos o resultado, un estupendo salón de peiteados:

Preme na imaxe para ver o vídeo da sesión


martes, 28 de abril de 2015

Día do Libro!

     Seguindo as actividades do Equipo de Biblioteca e extraescolares, realizmos un marcapáxinas entre todos para a decoración da entrada do Centro.


 
      Tamén asistimos á actividade dos alumnos de 6º de primaria, os cales explicáronnos o libro de Juan Ramón Jiménes "Platero y yo".



mércores, 22 de abril de 2015

A Arte: Somos Xanartistas! (arame e la)

    O pasado venres 10 de abril, tivemos unha nova sesión de escultura. Nesta ocasión tiñamos que crear con arames e la, para darlle un pouco de cor.



     O resultado foi moi creativo!




    Unha nova sesión!

martes, 21 de abril de 2015

Quen vive aquí?

     No primeiro trimestre empezou un longo proxecto "Quen vive aquí?", rematando ao final do segundo trimestre. 

      Ao longo dos trimestres estivemos descubrindo os seres vivos e paisaxes da nosa localidade.


     Ao final fixemos un libro coas nosas investigacións, esperamos que vos guste.

luns, 20 de abril de 2015

Xogando coa xeometría 4

    A pasada semana, seguindo coa aprendizaxe das formas xeométricas, fixemos corpos xeométricos con papel, pallas e palillos.








 
 






luns, 13 de abril de 2015

A Arte: Somos Xanartistas! (Cartoneando)

      O pasado venres 27 de Marzo tivemos que crear unha escultura usando cartón, papel e fiso; material que moi amablemente trouxeron todos os participantes de casa. GRAZAS. Extendemos o agradecemento ao noso amigo LOMARTI, polas súas xeniais ideas que nos axudaron moito.
      O resultado non defraudou. Aquí os podedes ver as nosas creacións.
 


      Pasamolo moi ben!