venres, 29 de maio de 2015

Carta.

  Estimadas familias:

   Como responsable dá Biblioteca Escolar do C.E.I.P. Xoán de Requeixo, gustaríame darvos a TODOS as grazas por visitar a nosa exposición dos traballos realizados polos nosos alumnos.

    De xeito moi especial a todos aqueles que de palabra ou escribindo no noso libro de visitas, amosaron o seu cariño, ánimos, bos desexos e loanzas. Para min (o meu equipo seguro que tamén) fainos sentir, se cabe, aínda máis orgullosos do traballo, dedicación e ilusión amosada polos alumnos; porque eles son os verdadeiros artífices do seu éxito.

    Só me queda decirvos de novo GRAZAS.

    Un cordial saúdo.

    Jesús

mércores, 27 de maio de 2015

Anxo Moure

     Hoxe a primeira hora asistimos ao espectáculo de Anxo Moure para contarnos unhas estupendas historias.




martes, 26 de maio de 2015

Rúa Luis García Arias

     Estes días fixemos un traballo para a revista escolar sobre a rúa Luis García Arias e coñecimos a este personaxe da nosa historia.






Agardamos vos guste na revista escolar.

martes, 19 de maio de 2015

A Arte: Somos Xanartistas! (Inauguración)

     O pasado 11 de maio, saímos a inaugurar a nosa exposición. Se queredes saber como foi picade na imaxe. GRAZAS.

http://ceipxoanderequeixo.blogspot.com.es/2015/05/a-arte-somos-xanartistas-inaugurando.html

venres, 8 de maio de 2015

A Arte: Somos Xanartistas! (EXPOSICIÓN)

    Dende o Equipo de Biblioteca e extraescolares estamos TODOS convidados á exposición dos nosos traballos na Casa da Cultura de Chantada.