Estamos dacordo en que non hai mellor remate para este blog que o fermoso video da sorpresa que me deron os meus alumnos e familias. Quedei en shock, torpe en reación e emocionado por unhas verbas das que estarei sempre agradecido, sen o traballo e apoio de TODOS non sería posible. GRAZAS POR TODO!
Blogue de aprendizaxe e actividades da aula de 2ºB do centro "CEIP Xóan de Requeixo".
martes, 23 de xuño de 2015
Baila con Laura
"Baila con Laura" foi unha actividade levada a cabo pola biblioteca neste terceiro trimestre. Varias compañeiras apuntáronse e no último día de clase, realizaron unha exhibición para toda a escola. MOI BEN!
venres, 19 de xuño de 2015
A Arte: Somos Xanartistas! (Arte Urbana)
A semana pasada, rematamos a derradeira sesión do noso proxecto. Neste trimestre os nosos artistas tiñan que usar os seus coñecementos para transformar aqueles lugares da nosa vila que non estiveran en bo estado, en lugares de arte; o que se chama arte urbana.
Primeiro unha sesión inicial para explicarlles.
Despois cada grupo tivo que facer as súas propostas na aula. Nós xuntamonos en equipo e cada un realizou, explicaou e elixiun unha proposta entre dúas.
Todas as propostas foron moi boas!
Xunto cos nosos compañeiros saímos á Casa da Cultura. No salón de plenos recibiunos D. Manuel Lourenzo Varela, alcalde de Chantada, ao que entregamos as propostas.
Para ver o viedo fai un clik aquí na fotografía.
xoves, 18 de xuño de 2015
Somos Extraterrestres. O noso Universo.
Chega o remate do noso proxecto e que mellor final que ter un universo propio na clase. Ao traballo feito ao longo deste tempo, añadiuse o coñecemento das constelacións zodiacais e de paso saber que signo somos. ESTADES TODOS INVITADOS A COÑECELO!
mércores, 17 de xuño de 2015
Somos Extraterrestres. O noso Foguete Espacial
Aprendendo sobre os medios de transporte, e como bos extraterrestres que somos, inventamos uns foguetes para poder viaxar polos universo e así visitar aos nosos planetas veciños.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)














































