martes, 25 de novembro de 2014

A Arte: Somos Xanartistas! (O reto de "LOMARTI")

     O pasado xoves 20 de novembro, seguimos o noso camiño para converternos en artistas e participamos nun reto moi especial: imitar a LOMARTI.

     Conseguímolo de xeito marabilloso, moi ben artistas!

http://ceipxoanderequeixo.blogspot.com.es/2014/11/a-arte-somos-xanartistas-o-reto-de.html http://ceipxoanderequeixo.blogspot.com.es/2014/11/a-arte-somos-xanartistas-o-reto-de.html
Preme en calquera imaxe para saber máis

O noso periódico

    Hoxe é un día importante! Despois de moito traballo, os alumnos lanzan o seu periódico do curso, no que levan traballando todo este mes, recollendo como bos periodístas as mellores noticias.

 

     Deixade as vosas opinións e se vos gusta e queredes máis ... ao mellor SACAMOS O NÚMERO 2... je je je

luns, 24 de novembro de 2014

O taboleiro informativo

     Rematamos o nosos proxecto "Como medramos?" e aprendimos moitas cosas novas. O último, que hai que comer sans e por iso fixemos o noso menú da semana.

Non sei eu se é moi san, haberá que preguntar


     Sen perder tempo, imos co seguinte!

sábado, 22 de novembro de 2014

A Arte: Somos Xanartistas! (O estudio de Joan Miró)

     O pasado 13 de novembro tivemos a primeira sesión do proxecto "A arte: Somos Xanartistas!" desenvolto polo equipo de Extraescolares e Biblioteca.

       O pasamos moi ben coas demás clases!

Preme na imaxe para coñecer máis

Chegou o Magosto!


     O 14 de novembro celebramos o Magosto na escola; como todos os cursos, para ese día utilizamos un tetrabrik para comer as castañas. 
 

  Como a temática elexida foi a arte, decidimos que un cadro adornase o noso tetrabrik.  Despois de varias votacións, o gañador foi "La última cena" de Leonardo Da Vinci, así que cada un utilizando a ténica do collage realizou a súa obra.

   SOMOS UNS VERDADEIROS ARTÍSTAS!

xoves, 13 de novembro de 2014

Saímos a Ourense

   O pasado 29 de outubro, xunto cos amigos do primeiro ciclo, fumos de excursión ao Auditorio de Ourense a ver a obra de teatro: "Antía, Wamba e o regato pequeno".


 
      Despois decidimos comer no "Parque do Posío", alí tamén xogamos e admiramos os patos, aves e pavos reais.
 

 

     Antes de irnos de volta, visitamos un pouco a zona vella, como o concello e a famosa fonta "As Burgas".


martes, 4 de novembro de 2014

Chegou Samaín

    Este ano, seguindo a proposta do Equipo de Extraescolares, decidimos traballar os nosos medos a través do conto: Fiz, o colecionista de medos (Fina Casalderrey) da editorial OQO.



   Para facelo diferente, o mellor era ver a curtametraxe realizada pola propia editora.



     Vaia medo!, pero como o mesmo Fiz, metimos os medos nun cofre e realizamos un conxuro máxico para vencelos.



     Tamén participamos no concurso de contos de medo do Equipo de extraescolares e Biblioteca, que nervos!

     O día de Samaín, convertémonos nuns auténticos feiticer@s e fixemos un concurso de conxuros contra o medo.


luns, 3 de novembro de 2014

Investigo o intestino.

   Como bos científicos, despois de buscar a información, comprobamos cal era a lonxitude do noso intestino delgado:


MI MADRIÑA QUE LONGO, 7 METROS!

Os nosos músculos.

   Moi interesante o mundo dos músculos e para comprendelo un pouco mellor, realizamos un experimento un tanto peculiar imitando o movemento do brazo:

Brazo estirado
Brazo dobrado


 







  
   Ao rematar, apuntamos o que aprendemos:


Os esqueletes!

   Toca coñecer o noso corpo por dentro e o esqueleto foi o primeiro. O mellor é que cadaquen un faga o seu propio esqueleto:



  Como somos uns verdadeiros artistas, inventamos unha canción e contamola a ritmo de rap. Aínda que temos que mellorar a posta en escena ji ji ji ji, pero  prometemos mellorar para os seguintes.




   Ao final aprendemos moito co noso amigo Vicentín, o esqueleto da clase.




Transformers

    Despois de repasar as partes do corpo e da cara, decidimos transformarnos: que pasaría se tivera partes da cara dos meus compañeiros? Como sería?

   O resultado quedou moi ben e rimonos moito: