Este ano, seguindo a proposta do Equipo de Extraescolares, decidimos traballar os nosos medos a través do conto: Fiz, o colecionista de medos (Fina Casalderrey) da editorial OQO.
Para facelo diferente, o mellor era ver a curtametraxe realizada pola propia editora.
Vaia medo!, pero como o mesmo Fiz, metimos os medos nun cofre e realizamos un conxuro máxico para vencelos.
Tamén participamos no concurso de contos de medo do Equipo de extraescolares e Biblioteca, que nervos!
O día de Samaín, convertémonos nuns auténticos feiticer@s e fixemos un concurso de conxuros contra o medo.

Ningún comentario:
Publicar un comentario